Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño
Presentación da Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño Preséntase en Santiago de Compostela a Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño , que naceu a finais de 2012, co obxectivo de promover a figura e a obra do autor, dez anos despois da súa desaparición. O acto será o día 5 de febreiro ás 20.00 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela . O colectivo inicia así, de xeito simbólico, o seu traballo no ano de Roberto Vidal Bolaño e abre as súas portas a todas as persoas que desexen formar parte da asociación. Está integrado por Belén Quintáns , Roi Vidal , Rubén Ruibal , Antón Dobao , Francisco Macías , Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco . FONTE: http://www.teatrogalego.com/ + INFO : http://robertovidalbolano.org