Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño
Presentación da Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño
Preséntase en Santiago de Compostela a Asociación Cultural Roberto Vidal Bolaño,
que naceu a finais de 2012, co obxectivo de promover a figura e a obra
do autor, dez anos despois da súa desaparición. O acto será o día 5 de febreiro ás 20.00 h. no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
O colectivo inicia así, de xeito simbólico, o seu traballo no ano
de Roberto Vidal Bolaño e abre as súas portas a todas as persoas que
desexen formar parte da asociación. Está integrado por Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco.
FONTE: http://www.teatrogalego.com/ + INFO: http://robertovidalbolano.org
Comentarios