Convocatoria Curtametraxe 2013
A todos os socios e socias de "O aturuxo de Melpomene". Ábrese o
prazo de presentacion de proxectos para a curtametraxe da asociación
para o ano 2013. A continuación detallamos os diversos pontos que debe
incluír o proxecto: 1. TITULO. Guión e autor/autora do mesmo. O
guión deberá estar escrito en lingua galega. Poderá ser un guión
orixinal, ou ben un guión libre de dereitos de autor (neste caso deberá
adxuntarse a cesión dos mesmos por parte do autor/autora). A duración
non será superior aos 15'. 2. RECURSOS HUMANOS. * TODAS AS PERSOAS
INCLUIDAS NO PROXECTO DEBERÁN SER PREVIAMENTE INFORMADAS E, EN TODO CASO
DARÁN O SEU CONSENTIMENTO ASUMINDO O COMPROMISO COA LABOR DESIGNADA.
2.1. ELENCO. A proposta debe incluir os nomes das persoas asociadas que
se compromenten a participar como elenco, con todas as implicacións que
isto conleva (disposición para o período de gravación recollido no
proxecto e disponibilidade para as necesidades que xurdan do proxecto).
2.2. DIRECCIÓN. O proxecto debe incluír o nome da persoa proposta para
a dirección. Esta persoa poderá ser un/unha asociado/a ou ben un/unha
profesional. En calquera caso deberá promoverse a calidade e rigor no
traballo a desenvolver. No caso de optar pola dirección profesional, no
proxecto deberá incluirse o seu custo. Dado que o proxecto non estará
aprobado ate que sexa escollido pola asemblea, o contacto coa persoa
debe ser meramente informativo e non un acordo formal. 2.3. AXUDANTE
DE DIRECCIÓN. O proxecto incluirá unha persoa asociada que ocupará o
posto de axudante de dirección sendo a responsable das tarefas que isto
implica (estar presente durante a gravación e colaborar co director/a
nas diversas actividades que se acorden). 2.4. PRODUCIÓN. Incluirase
como mínimo a dúas persoas da asociación responsables da produción do
espectáculo, que deberán coordinar e xestionar as tarefas que engloba
este posto (xestión de recursos económicos acorde ao proxecto
presentado, adquisición de recursos materiais, planificación de tempos,
petición de permisos etc). 2.5. DISTRIBUCIÓN. No proxecto incluirase a
unha persoa asociada para levar a distribución da curtametraxe. Este
posto implica a planificación da distribución do curtametraxe(cando se
vai realizar cada paso, quen se fai reponsable, etc) e a xestión e
difusión da mesma ("estrea", contactos de distribución, espazos,
presentación a concursos, envio de publicidade, etc). 2.7. AXUDANTE DE
DISTRIBUCIÓN. Será a persoa encargada de colaborar co distribuidor/a do
espectáculo, tanto na súa planificación como na súa execución
(contactar cos espazos, enviar a publicidade, etc). Este posto non é
imprescindible. Só se incluirá se hai persoas interesadas en asumilo.
2.8. DESEÑO DE PUBLICIDADE. No proxecto indicarase o nome da persoa
asociada que se responsabilizará do deseño do material de publicidade.
Esta persoa debe coordinarse coa produción (para a planificación dos
tempos) e coa distribución (tamén para a planificación dos tempos e para
cubrir as necesidades que se indiquen), e de ser o caso, coa dirección
do espectáculo se queren realizar algunha suxerencia. A tarefa principal
será o deseño da "carátula", pero poderán xurdir necesidades derivadas
da distribución da curta. 2.9. AXUDANTE DE SON. Neste posto debe
figurar unha persoa da asociación para axudar no manexo dos materias de
son e as necesidades sonoras durante a gravación. Esta persoa deberá
colaborar coa equipa profesional encargada da parte técnica da
curtametraxe. 2.10. AXUDANTE DE ILUMINACIÓN. Unha persoa asociada debe
asumir esta tarefa, coa fin de colaborar coa equipa profesional para
cubrir as necesidades de iluminación durante o período de gravación.
2.11. RESPONSABLES DE CATTERING. O proxecto deberá incluir unha equipa
de persoas (un mínimo de dúas) que estarán encargadas de xestionar e
cubrir as necesidades de alimentos e bebidas que poidan xurdir durante a
gravación. 3. RECURSOS MATERIAIS. O proxecto debe incluir todos
aqueles recursos materiais que serán precisos para a gravación da
curtametraxe, así como unha estimación económica dos gastos que
conlevan. 3.1. ESPAZOS. O proxecto incluirá unha breve exposición dos
espazos nos que se desenrolará a gravación; indicando a necesidade de
obter permisos se é o caso. 3.2. ATREZZO. Necesidades que o guión
estipula de atrezzo. Así como o seu custo estimado. 3.3. VESTIARIO.
Unha breve descrición das necesidades de vestiario. Así como o seu custo
estimado. 3.4. MAQUILLAXE. Unha estimación das necesidades de
maquillaxe que serán precisas.Así como o seu custo estimado. 3.5.
CATTERING. O proxecto debe recoller se será preciso dispor de cattering e
persoas responsables do mesmo durante a gravación (p.e. no caso de
realizar a gravación ao longo dun día). No caso de que así sexa deerá
recollerse o custo estimado. 3.6. OUTROS. Indicaranse aqueles recursos
materiais que de antemán están marcados como imprescindibeis para
abordar a gravación da curtametraxe, así como a montaxe e distribución
da mesma. ** Todos os apartados aquí recollidos serán considerados
flexibeis, posto que “a posteriori” poderán estar suxeitos a cambios por
necesidades de dirección. En todo caso a estimación de gastos debe ser o
mais acorde cos custos finais da obra. 4. RECURSOS ECONÓMICOS.
Neste apartado recollerase unha relación detallada de todos os custos
que terá que afrontar a asociación para a realización do proxecto, así
como unha estimación dos custos que se derivarán da distribución do
mesmo. O custo total do proxecto, por acordo asembleario, nunca será
superior a 2.500 €. 5. PLANIFICACIÓN. O proxecto debe incluir unha
planificación temporal que recolla entre outros os seguintes aspectos:
5.1. PERIODO DE GRAVACIÓN. Deberá estar detallado o período temporal da
gravación(por exemplo o mes de novembro), incluindo o nº de horas
destinado ao mesmo (ex. 4 horas diarias, 6 horas
luns-mercores-venres...), horario detallado, lugares de realización,
te3mpo destinado á montaxe e edición da curtametraxe, etc. 5.2.
DISTRIBUCIÓN. Indicar a planificación da distribución (tempos para a
tarefas: publicidade, concursos, etc). NA PUBLICIDADE DEBERÁ TERSE EN
CONTA A SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A REALIZACIÓN DA CURTAMETRAXE, FACENDO
CONSTAR OS ANAGRAMAS QUE SE ESIXAN, ASÍ COMO O ANAGRAMA DA ASOCIACIÓN.
5.3. ESTREA-EXHIBICIÓN. Sinalar a data e lugar preferente da
exhibición da curtametraxe. Posteriormente deberán iniciarse as xestións
para pechar dita data e lugar. * A CURTAMETRAXE DEBERÁ ESTAR REMATADA
ANTES DE FINALIZAR O 2013. 6. OUTROS DATOS. Recoller toda aquela
información que se considere relevante. Por exemplo: Público ao que esta
destinado. ANEXOS O proxecto debe incluir o guión en galego ou
traducido ao galego. Tamén será imprescindible adxuntar o cesión de
dereitos do autor/a, no caso de non ser un guión orixinal. PRAZOS O
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ESTARÁ ABERTO DESDE O DÍA 27 DE
SETEMBRO DE 2013 ATE O VENRES 25 DE OUTUBRO DE 2013.
O DÍA 25 DE OUTUBRO ÁBRESE O PRAZO DE 3 DÍAS DE REVISIÓN DE PROXECTOS. DURANTE ESTE TEMPO A EQUIPA DIRECTIVA OU A COMISIÓN CREADA PARA A REVISIÓN ESTARÁN ENCARGADAS DE REVISAR OS PROXECTOS PARA VERFICIAR QUE CUMPLAN TODAS AS CONDICIÓNS DESCRITAS. O DÍA 28 DE OUTUBRO COMUNICARASE AOS SOCIOS E SOCIAS QUE PRESENTARON PROXECTOS SE ESTÁN OU NON ADMITIDOS. ASIMESMO, ÁBRESE UN SEGUNDO PERÍODO DE ADMISIÓN, CUNHA DURACIÓN DE 4 DÍAS PARA RECTIFICACIÓN DE ERROS NO PROXECTO PRESENTADO. O DÍA 02 DE NOVEMBRO PRESENTARANSE OS PROXECTOS QUE REÚNAN OS REQUISITOS DESCRITOS NA CONVOCATORIA E QUEDARÁN A DISPOSICIÓN DOS ASOCIADOS E ASOCIADAS PARA A SÚA CONSULTA. OS PROXECTOS ESTARÁN DISPOÑIBEIS EN PAPEL NO LOCAL DA ASOCIACIÓN. ASIMESMO, ENVIARANSE POR CORREO ELECTRÓNICO A TODAS AS PERSOAS ASOCIADAS. O PRAZO DE CONSULTA DURARÁ 1 SEMANA. O 09 DE NOVEMBRO, OU NA DATA PRÓXIMA ACORDADA PARA A ASEMBLEA LEVARASE A CABO A VOTACIÓN E ELECIÓN DO PROXECTO. A VOTACIÓN É PRESENCIAL. A PARTICIPACIÓN NA VOTACIÓN IMPLICA A REVISIÓN DOS DIVERSOS PROXECTOS POR PARTE DO VOTANTE. O SISTEMA DE VOTACIÓN É O SEGUINTE: CADA SOCIO EMITE 3 VOTOS: - 3 PONTOS - 2 PONTOS - 1 PONTO CUBRIRANSE NECESARIAMENTE OS TRES VOTOS POR PERSOA. A PROPOSTA MÁIS VOTADA SERÁ A SELECCIONADA. NO CASO DE PRODUCIRSE UN EMPATE, RESOLVERASE REPETINDO O SISTEMA DE VOTACIÓN SÓ COS PROXECTOS EMPATADOS. O PROXECTO SELECCIONADO DEBE LEVARSE A CABO DURANTE O ANO 2013. ANIMADEVOS A PARTICIPAR! Se tedes algunha dúbida podedes contactar coa equipa directiva.

Comentarios