Nova montaxe da asociación


Hoxe dá comezo a montaxe de "As tres mosqueteiras na procura de Dartañán", da man do director Manuel Areoso un pequeno grupo de socias de "O aturuxo de Melpómene" iniciamos hoxe as nosas andaduras polo mundo das emboscadas, asaltos e sinuosidades dun texto dirixido ao público infantil.
Estaremos coa montaxe aproximadamente un mes e medio, para finalmente estrear no Auditorio de Narón a finais de decembro.
Iremos subindo máis información...

Comentarios

Quique Vázquez dixo…
Xa teño gañas de verme engaiolado entre capas e espadas...
avisade !!
gena hernandez dixo…
Ai, ai, ai...! que ben quedaria isto no seu propio blog, como "cometa,cometa"... xa. xa sei que unha cousa e dicilo e outra artellalo, e que é moi doado velo feitiño dende a miña casa... pero que ben quedaba, cona!